Prezos

Despachos de venda de entradas

O pagamento poderá efectuarse en efectivo ou con tarxeta de crédito.

Prezo de entrada

A entrada inclúe o acceso á Colección e ás exposicións temporais, coetáneas o día da visita

Xeral: 12 €

Xeneral + exemplar guía oficial : 19,50 €

Reducida: 6 €

(A acreditación deberá efectuarse no despacho de venda mediante a presentación do documento oficial correspondente, válido e actualizado, en cada caso)

Terán dereito a un desconto do 50% sobre o prezo das entradas:

  • Cidadáns maiores de 65 anos
  • Membros de familias numerosas
  • Titulares do Carné Joven

Gratuíta

A entrada ao Museo será gratuíta nos seguintes casos:

(A acreditación deberá efectuarse no despacho de venda mediante a presentación do documento oficial correspondente, válido e actualizado, en cada caso.

  • Menores de 18 anos
  • Estudantes de 18-25 anos
  • Persoas con discapacidade, de acordo coa definición que realiza o artigo 1.2 da Lei 51/2003, do 2 de decembro, de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade. Tamén poderá acceder ao museo de forma gratuíta a persoa que o acompañe, sempre e cando esta sexa imprescindible para que aquel poida realizar a súa visita.
  • Cidadáns en situación legal de desemprego
  • Membros das entidades seguintes:
    • Real Patronato del Museo Nacional del Prado
    • FAMP (Fundación Amigos do Museo del Prado)
    • APEME (Asociación Profesional de Museólogos de España)
    • ANABAD (Asociación Nacional de Arquiveiros, Bibliotecarios e Museólogos)
    • AEM (Asociación Española de Museólogos)
    • ICOM (Consello Internacional de Museos)
    • Real Academia da Historia
    • Real Academia de Bellas Artes de San Fernando
    • Real Academia Española
  • Persoal que presta os seus servizos nos Museos Estatais adscritos ao Ministerio de Cultura
  • Profesores de educación relacionada directamente co contido do Museo que se atopen no exercicio das súas funcións
  • Grupos familiares integrados por polo menos un adulto e tres descendentes (ou dous, se un deles ten algunha discapacidade), incluídos no mesmo título de familia numerosa. No caso das familias numerosas, o procedemento para a adquisición de entradas gratuítas anticipadas será o seguinte. Enviar un fax ó Centro de Atención ó Visitante 901 70 65 41, coa seguinte información: fotocopia do título de familia numerosa emitido pola Comunidade Autónoma correspondente; nome e apelidos das persoas incluídas no mesmo título de familia numerosa que asistirán á visita; teléfono e correo electrónico de contacto; dirección; data e hora da súa a visita
  • Guías Oficiais de Turismo
  • Xornalistas
  • Para todos os visitantes: de luns a sábado, das 18.00 ás 20.00h e domingos e festivos das 17.00 ás 19.00h. 19 de novembro, así como a celebración do día internacional dos museos

Para as exposicións temporais non será de aplicación o réxime de gratuidade establecido para a Colección permanente.

Xeneral + exemplar guía oficial : 19,50 €

A Guía del Prado é unha publicación oficial do Museo del Prado, ilustrada con máis de 400 imaxes, que propón un completo e ameno percorrido pola Colección servindo como complemento imprescindible para a visita e o posterior recordo da mesma

Venta anticipada

As entradas adquiridas en despacho de billetes para visita-la Colección do Museo nunha data distinta á da súa adquisición terán as mesmas tarifas anteriormente descritas e unha validez de 3 meses a partir do día da compra. As persoas que realicen a reserva anticipada de entradas de tarifa reducida ou gratuíta deberán retira-las entradas nos despachos de billetes 1 e 2 da Puerta de Goya Baja o día da visita, presentando a correspondente acreditación en cada caso.

Abonos

Venda directa en despacho de entradas.

Tarxeta Anual dos Museos Estatais

Permite o acceso individual á Colección do Museo Nacional del Prado e a todos os museos de titularidade estatal durante un ano.

  • Tarifa única: 36.06 €

Será necesario presentar 2 fotografías e unha fotocopia de DNI. A tarxeta anual non inclúe o acceso ás exposicións temporais.

Tarxeta Paseo del Arte

Permite o acceso individual ao Museo Nacional del Prado, ao Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía e ao Museo Thyssen-Bornemisza.

  • Tarifa única: 20,80 €

Venda directa no despacho de venda de calquera dos tres museos. Válida para unha visita a cada museo.Non inclúe o acceso ás exposicións temporais do Museo Nacional del Prado.

Terminais automáticos

Entrada Xeral: 12 €

Venda de entradas para a Colección do Museo e para o día da visita. Os expendedores están situados xunto aos despachos de venda. Pagamento exclusivo con tarxeta de crédito. Para entradas reducidas, gratuítas e durante o horario de gratuidade os visitantes deberán dirixirse aos despachos de venda.

Páxina web

Venda anticipada e reserva de entradas a través do Centro de Atención ao Visitante Abre en ventana nueva

Tel.:
902 10 70 77
Fax:
901 70 65 41

Entrada Xeral

Xeral: 12 €

Reducida: 6 €

A acreditación deberá efectuarse no despacho de venda mediante a presentación do documento oficial correspondente, válido e actualizado, en cada caso). Se a acreditación non fose válida, o visitante terá que abonar a diferenza e adquirir unha entrada xeral, sen o desconto aplicado á compra na páxina web)

Gratuíta: 0 €

As entradas en réxime de gratuidade deberán ir asociadas a entradas en réxime xeral ou de redución.

(A acreditación deberá efectuarse no despacho de venda mediante a presentación do documento oficial correspondente, válido e actualizado, en cada caso). Se a acreditación non fose válida, o visitante terá adquirir unha entrada xeral, sen o desconto aplicado á compra na páxina web)

Venta anticipada online de entradas para grupos Abre en ventana nueva

Reserva online de entradas para grupos Abre en ventana nueva

Infografía animada con información sobre el acceso al Museo y la ubicación de sus colecciones

* Para visualizar correctamente la infografía necesita tener instalada la última versión de Flash Player

Ministerio de Cultura. Goberno de España; abre en ventana nueva
España es cultura; abre en ventana nueva
Copyright © 2012 Museo Nacional del Prado.
Calle Ruiz de Alarcón 23
Madrid 28014
Tel. +34 91 330 2800.
Todos los derechos reservados