Tarifas

Colección do Museo Nacional del Prado

Despachos de venda de entradas

O pagamento poderá efectuarse en efectivo ou con tarxeta de crédito.

Xeral: 8 €

Reducida: 4 €

(A acreditación deberá efectuarse no despacho de venda mediante a presentación do documento oficial correspondente, válido e actualizado, en cada caso)

Terán dereito a un desconto do 50% sobre o prezo das entradas:

  • Cidadáns da Unión Europea membros de familias numerosas
  • Estudantes de países non membros da UE menores de 25 anos
  • Titulares do Carné Joven

Gratuíta

A entrada ao Museo será gratuíta nos seguintes casos:

(A acreditación deberá efectuarse no despacho de venda mediante a presentación do documento oficial correspondente, válido e actualizado, en cada caso.

  • Para todos os visitantes á colección permanente: de martes a sábado de 18:00 a 20:00 horas e os domingos de 17:00 a 20:00 horas, e en todo o horario de apertura os días 6 de decembro, 19 de novembro, 12 de outubro e 2 de maio, así como a celebración do día internacional dos museos
  • Menores de 18 anos
  • Cidadáns dos Estados membros da Unión Europea maiores de 65 anos
  • Pensionistas maiores de 60 anos ou con incapacidade permanente. No caso do visitante pensionista por incapacidade permanente, tamén poderá acceder ao museo de forma gratuíta a persoa que o acompañe, sempre e cando esta sexa imprescindible para que aquel poida realizar a súa visita
  • Persoas con discapacidade, de acordo coa definición que realiza o artigo 1.2 da Lei 51/2003, do 2 de decembro, de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade. Tamén poderá acceder ao museo de forma gratuíta a persoa que o acompañe, sempre e cando esta sexa imprescindible para que aquel poida realizar a súa visita.
  • Cidadáns dos Estados membros da Unión Europea en situación legal de desemprego
  • Estudantes dos Estados membros da Unión Europea menores de 25 anos
  • Grupos familiares integrados por polo menos un adulto e tres descendentes (ou dous, se un deles ten algunha discapacidade), incluídos no mesmo título de familia numerosa
  • Membros das entidades seguintes:
    • FAMP (Fundación Amigos do Museo del Prado)
    • APEME (Asociación Profesional de Museólogos de España)
    • ANABAD (Asociación Nacional de Arquiveiros, Bibliotecarios e Museólogos)
    • AEM (Asociación Española de Museólogos)
    • ICOM (Consello Internacional de Museos)
  • Persoal que presta os seus servizos nos Museos Estatais adscritos ao Ministerio de Cultura
  • Profesores de educación relacionada directamente co contido do Museo que se atopen no exercicio das súas funcións
  • Guías Oficiais de Turismo
  • Xornalistas

Venta anticipada

Entrada individual para visitar un día a Colección do Museo cunha validez de 3 meses a partir do día da compra.

  • Xeral: 8 €
  • Reducida: 4 €. Máximo 1 entrada/persoa con acreditación
  • Gratuíta: Máximo 1 entrada/persoa con acreditación

Abonos

Venda directa en despacho de entradas.

Tarxeta Anual do Museo Nacional del Prado

Permite o acceso individual á Colección do Museo durante un ano.

  • Xeral: 48 €
  • Reducida: 24 €
    • Cidadáns da Unión Europea membros de familias numerosas
    • Estudantes de países non membros da UE menores de 25 anos
    • Titulares do Carné Joven

(A acreditación deberá efectuarse no despacho de venda mediante a presentación do documento oficial correspondente, válido e actualizado, en cada caso)

Será necesario presentar 2 fotografías e unha fotocopia de DNI. A tarxeta anual non inclúe o acceso ás exposicións temporais.

Tarxeta Anual dos Museos Estatais

Permite o acceso individual á Colección do Museo Nacional del Prado e a todos os museos de titularidade estatal durante un ano.

  • Tarifa única: 36.06 €

Será necesario presentar 2 fotografías e unha fotocopia de DNI. A tarxeta anual non inclúe o acceso ás exposicións temporais.

Tarxeta Paseo del Arte

Permite o acceso individual ao Museo Nacional del Prado, ao Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía e ao Museo Thyssen-Bornemisza.

  • Tarifa única: 17,60 €

Venda directa no despacho de venda de calquera dos tres museos. Válida para unha visita a cada museo.Non inclúe o acceso ás exposicións temporais do Museo Nacional del Prado.

Terminais automáticos

Xeral: 8 €

Venda de entradas para a Colección do Museo e para o día da visita. Os expendedores están situados xunto aos despachos de venda. Pagamento exclusivo con tarxeta de crédito. Para entradas reducidas, gratuítas e durante o horario de gratuidade os visitantes deberán dirixirse aos despachos de venda.

Páxina web

Venda anticipada e reserva de entradas a través do Centro de Atención ao Visitante Abre en ventana nueva

Tel.:
902 10 70 77
Fax:
901 70 65 41

Tarifas

Xeral: 7 €

Reducida: 3.5 €

A acreditación deberá efectuarse no despacho de venda mediante a presentación do documento oficial correspondente, válido e actualizado, en cada caso). Se a acreditación non fose válida, o visitante terá que abonar a diferenza e adquirir unha entrada xeral, sen o desconto aplicado á compra na páxina web)

Gratuíta

As entradas en réxime de gratuidade deberán ir asociadas a entradas en réxime xeral ou de redución.

(A acreditación deberá efectuarse no despacho de venda mediante a presentación do documento oficial correspondente, válido e actualizado, en cada caso). Se a acreditación non fose válida, o visitante terá adquirir unha entrada xeral, sen o desconto aplicado á compra na páxina web)

Grupos: 7.50 €/persoa (entre 8 y 33 personas)

A compra anticipada de entradas implica reserva de día e hora de visita. Todas as visitas de grupos deberán ser reservadas con polo menos 24 horas de antelación.

Venta anticipada online de entradas para grupos Abre en ventana nueva

Reserva online de entradas para grupos Abre en ventana nueva

Exposiciones temporales

Nas exposicións temporais pódese aplicar algún recargo sobre a tarifa xeral de entrada, tanto en compra directa no Museo como en venda anticipada. Consultar condicións particulares de acceso no microsite dedicado a cada exposición.

Infografía animada con información sobre el acceso al Museo y la ubicación de sus colecciones

* Para visualizar correctamente la infografía necesita tener instalada la última versión de Flash Player

Ministerio de Cultura. Goberno de España; abre en ventana nueva
Copyright © 2010 Museo Nacional del Prado.
Calle Ruiz de Alarcón 23
Madrid 28014
Tel. +34 91 330 2800.
Todos los derechos reservados