Num. de referencia
P00015
Autor
Angelico, Fra
Titulo
A Anunciación
Cronología
1425 - 1428
Técnica
Témpera
Soporte
Táboa
Medidas
194 cm x 194 cm
Escola
Italiana
Tema
Relixión
Exposto
Si
Procedencia
Convento de Santo Domingo, Fiesole, 1425/28-1611; duque de Lerma, para a igrexa dos Dominicos, Valladolid; pasou ó mosteiro das Descalzas Reales, Madrid; desde donde ingresou no Museo, 1861.

Retablo pintado para o convento de Santo Domingo en Fiesole, preto de Florencia. A táboa central amosa baixo o pórtico a Anunciación do Arcanxo Gabriel a María e, á súa esquerda, a expulsión de Adán e Eva do Paraíso. A condenación e salvación do home. No banco ou predela nárranse escenas da vida da Virxe: Nacemento de María e os Desposorios con San Xosé, Visitación de María á súa prima Santa Isabel, Nacemento do Neno Xesús, a Presentación do Neno no Templo e a Dormición da Virxe con Cristo recollendo a súa alma.

Fra Angelico, tamén coñecido como Beato Angelico, dedicou a súa obra exclusivamente aos temas relixiosos pois entendía a arte como un aspecto da devoción relixiosa. Particularmente minucioso nos detalles e calidades dos obxectos, natureza e personaxes representados, Fra Angelico une no seu estilo a tradición tardogótica italiana coa nova linguaxe renacentista. Exemplo disto é a profundidade espacial da arquitectura que, aínda que segue as recomendacións de Brunelleschi de centrarse nun escenario cadrado e sen adornos, denota algúns erros propios dunha obra temperá na produción do artista.

Ministerio de Cultura. Gobierno de España; abre en ventana nueva
España es cultura Spain is culture
Portal de la transparencia. Gobierno de España
Copyright © 2015 Museo Nacional del Prado.
Calle Ruiz de Alarcón 23
Madrid 28014
Tel. +34 91 330 2800.
Todos los derechos reservados