Num. de referencia
P01174
Autor
Velázquez, Diego Rodríguez de Silva y
Titulo
As Meninas, ou A familia de Felipe IV
Cronología
1656
Técnica
Óleo
Soporte
Lenzo
Medidas
318 cm x 276 cm
Escola
Española
Tema
Retrato
Exposto
Si
Procedencia
Colección Real (Real Alcázar, Madrid, “Cuarto bajo-pieza del despacho de verano”, 1700, nº 286; Palacio Real Novo, Madrid, “antesala de la Furriera”, 1747, nº 4; Palacio Real Novo, Madrid, “paso de tribuna y trascuartos”, 1772, nº 4; Palacio Real Novo, Madrid, “cuarto de la serenísima infanta-dormitorio”, 1794, s.n.; Palacio Real, Madrid, “pieza amarilla”, 1814-1818, nº 4).

Retrato da infanta Margarita, filla de Felipe IV (1605-1665), rodeada do seu servizo ou “familia” nunha sala do Alcázar de Madrid.

O cadro máis famoso de Velázquez encerra unha complexa composición construída a partir dunha admirable habilidade para o uso da perspectiva, da plasmación da luz e da representación da atmosfera.

As interpretacións sobre o tema e a plasmación do mesmo foron múltiples. As máis numerosas subliñan a reivindicación da nobreza da pintura fronte ás prácticas artesanais. Velázquez autorretrátase pintando o propio cadro á esquerda do lenzo, afirmando así a supremacía da arte da pintura. A infanta Margarita (1651-1673), vestida de branco, aparece rodeada no centro da composición polas súas damas de compañía, as “meninas” María Agustina de Sarmiento e Isabel de Velasco, dous bufóns da corte, María Bárbola e Nicolasito Pertusato, e un can mastín. Detrás dela, aparecen conversando un gardadamas, a dona Marcela de Ulloa, e, na porta, o apousentador José Nieto.

Os reis, Felipe IV e Mariana de Austria (1634-1696), reflíctense no espello do fondo, dando lugar a un xogo espacial de extraordinaria complexidade.

Ministerio de Cultura. Gobierno de España; abre en ventana nueva
España es cultura Spain is culture
Portal de la transparencia. Gobierno de España
Copyright © 2015 Museo Nacional del Prado.
Calle Ruiz de Alarcón 23
Madrid 28014
Tel. +34 91 330 2800.
Todos los derechos reservados