Num. de referencia
P00363
Autor
Tiepolo, Giambattista
Titulo
Inmaculada Concepción
Cronología
1767 - 1769
Técnica
Óleo
Soporte
Lenzo
Medidas
281 cm x 155 cm
Escola
Italiana
Tema
Relixión. Iconografía da Virxe
Exposto
Si
Procedencia
Colección Real

A Virxe María aparece sobre a bóla do Mundo e a media lúa, pisando a serpente do Pecado Orixinal, coroada pola pomba do Espírito Santo e rodeada por anxos e por algúns dos símbolos marianos. Estes son a vara de azucenas, a palmeira, a fonte e o espello. Esta escena amosa a maneira tradicional de representar a Inmaculada Concepción da Virxe, que foi concibida sen pecado orixinal.

A obra foi un encargo Real para a Igrexa de San Pascual de Aranjuez.

O bosquexo para este lenzo consérvase nas Courtauld Institute Galleries de Londres.

Ministerio de Cultura. Goberno de España; abre en ventana nueva
España es cultura; abre en ventana nueva
Copyright © 2014 Museo Nacional del Prado.
Calle Ruiz de Alarcón 23
Madrid 28014
Tel. +34 91 330 2800.
Todos los derechos reservados