Num. de referencia
P02132
Autor
Rembrandt Harmensz. van Rijn
Titulo
Judit durante o banquete de Holofernes
Cronología
1634
Técnica
Óleo
Soporte
Lenzo
Medidas
143 cm x 154,7 cm x 2,5 cm
Escola
Holandesa
Tema
Relixión
Exposto
Si
Procedencia
Colección Real (colección marqués de la Ensenada, Madrid, 1768; Palacio Real Novo, Madrid, “paso de tribuna y trascuartos”, 1772, s. n.; Palacio Novo, “pieza de tocador”, 1794, s. n.; Palacio Real, Madrid, “antecámara de la reina”, 1814-1818, s.n.)

No pasado, diferentes autores manifestaron o seu escepticismo respecto a atribución deste cadro a Rembrandt. Sin embargo, o Rembrandt Research Project inclúeo no Corpus (1986) como orixinal do pintor, o que ratifica o estudio técnico levado a cabo no Museo del Prado ese mesmo ano. En relación coa sinatura, a falta de firmeza no trazo e, sobre todo, a cor amarela fana dudosa, pero a ortografía “Rembrant” aparece en diversos cadros datados en 1633, nalgúns grabados entre 1632-33 e nos documentos máis temperáns asinados polo pintor. Esta escea forma parte dun pequeno grupo de alegorías personificadas pola figura de “mulleres heroicas”, é dicir, deusas ou heroinas da Antigüidade ou do Antigo Testamento que Rembrandt pintou entre 1633-1635. Sobre un fondo escuro imponse a figura dunha muller suntuosamente engalanada cun vestido bordado de mangas abombadas e longas, almilla de seda branca con bordes e peches de pasamanería dourada, e amplo colo de armiño adornado cunha cadea de ouro engastada con rubís e zafiros. Leva pulseira, colar de dobre volta e pendentes de perla. O cabelo cae solto sobre os ombros e está adornado cun fío de perlas e unha cadea de ouro. Unha serventa nova, de xeonllos ante ela e de costas ó espectador pero en perfil perdido, ofrécelle una copa formada por unha cuncha nautilus sobre pedestal de ouro que contén viño (ou ao menos un líquido rosado). As duas figuras son de tamaño natural e están representadas de tres cuartas. O fondo está moi escurecido e en gran parte perdido. Na actualidade, tan só é claramente visible, a figura dunha servente vella, situada entre a muller sentada e a moza coa copa, coa cabeza cuberta por unha toca branca e que suxeita con ambas mans un pano do que colga polo lado esquerdo un cordel; a dereita, detrás da muller sentada, son perceptibles os plisados dunha cortina de cor vermella oscuro. Con todo, nunha fotografía antiga vese claramente que entre a moza coa copa e a vella servente había unha cortina adamascada similar ó pano que cubre a mesa, e que o pano que sostén a vella servente é un saco semiaberto do que colga a un lado un cordel rematado nun bordón.

A radiografía (Imaxe 2) revela un importante cambio compositivo. Na composición orixinal o espazo entre as dúas figuras está ocupado por unha figura feminina, tamén de tamaño natural e de tres cuartos, que mira e se inclina cara a muller sentada. Leva a cabeza cuberta por unha toga e suxeita coa súa man dereita un obxecto oblongo. Á vista da radiografía quedan abertas dúas cuestións fundamentais –por qué e quen fixo este cambio compositivo- que están en relación directa coa interpretación iconográfica de esta escena. Dende finais do século XIX esta escena interpretouse como unha representación da raíña Artemisa disposta a beber as cinzas do seu home e irmá Mausolo para converterse no seu sepulcro vivinte. Con todo, a tipoloxía da vella servente, o saco, a criada coa luxosa copa, as ricas vestiduras da protagonista, as cortinas do fondo (visibles nunha fotografía antiga) e o libro aberto sobre a mesa permiten unha nova interpretación desta figura como Judit, que é, ademais, como unha figura descrita nos inventarios reais. Unha identificación que, dende o punto de vista histórico, viría xustificada pola autoidentificación dos holandeses, na súa loita de liberación, co pobo hebreo. Neste contexto, Judit era unha das heroínas bíblicas que mellor simbolizaba a reivindicación patriótica fronte os españois. Por outra parte, a imaxe radiográfica revela un importante cambio compositivo. Na composición orixinal o espazo entre as dúas figuras está ocupado por unha figura feminina, tamén de tamaño natural e de tres cuartas, que mira e se inclina ante a muller sentada mostrándolle un obxeto. Cabe concluír que nun principio Rembrandt, como era frecuente entre os pintores holandeses ó abordar temas bíblicos, houbera optado por representar un momento da historia de esta heroína bíblica non tratado pola iconografía italiana e católica, como era Judit atendida polos serventes de Holofernes ao chegar ó campamento deste. Agora ben, a ausencia de tradición iconográfica para este tema podía dificultar a súa comprensión, polo que se trocou o fondo orixinal pola cortina e a figura da vella servente co saco para representar a Judit no banquete que lle ofrece Holofernes mentres a criada espera fora co saco onde gardan a cabeza do xeneral inimigo, unha escena para a que si había tradición iconográfica e, polo tanto, era comprensible para todos. O estado actual de conservación da pintura impide confirmar si este troco é da man do pintor ou do seu taller (Texto extractado de Posada Kubissa, t.: Pintura holandesa en el Museo Nacional del Prado, Catálogo razoado, 2009, pp. 115-125).

Ministerio de Cultura. Gobierno de España; abre en ventana nueva
España es cultura Spain is culture
Portal de la transparencia. Gobierno de España
Copyright © 2015 Museo Nacional del Prado.
Calle Ruiz de Alarcón 23
Madrid 28014
Tel. +34 91 330 2800.
Todos los derechos reservados