Num. de referencia
P00749
Autor
Goya y Lucientes, Francisco de
Titulo
O 3 de maio de 1808 en Madrid: Os fusilamentos na montaña do Príncipe Pío
Cronología
1814
Técnica
Óleo
Soporte
Lenzo
Medidas
268 cm x 347 cm
Escola
Española
Tema
Historia. Guerra da Independencia
Exposto
Si
Procedencia
Palacio Real, Madrid, 1814; ingresó en el Museo del Prado, procedente de la colección real con su compañero, antes de 1834, registrándose en ese año en el "Depósito Grande"; en 1840 visto por Théophile Gautier en las salas del Museo, descrito por el mismo autor en 1843; en 1850, visto por el conde Clément de Ris; en 1867, figura ilustrado en la monografía de Goya de Charles Yriarte; se incorpora finalmente al catálogo del Prado de 1872.

Representación dos fusilamentos de patriotas de Madrid polo exército de Napoleón, como represalia ao levantamento do 2 de maio de 1808 contra a ocupación francesa.

Os soldados franceses, de costas á dereita da composición, apuntan os madrileños que han de morrer. O dramatismo e a tensión da escena quedan subliñados polo uso da luz, que ilumina fortemente os heroes permitindo diferenciar os seus caracteres e actitudes nun detallado estudo psicolóxico dos personaxes.

Esta obra foi realizada xunto á súa parella, O 2 de maio de 1808 en Madrid: A loita cos mamelucos (P748), a iniciativa do rexente don Luís en 1814. Ambas puideron servir para decorar un arco de triunfo durante a entrada de Fernando VII no seu retorno a Madrid ou como conmemoración nas celebracións do 2 de maio.

No lateral inferior esquerdo obsérvanse as marcas dos danos que sufriu o lenzo durante o seu traslado a Valencia en 1937, durante a Guerra Civil española.

Ministerio de Cultura. Goberno de España; abre en ventana nueva
España es cultura; abre en ventana nueva
Copyright © 2014 Museo Nacional del Prado.
Calle Ruiz de Alarcón 23
Madrid 28014
Tel. +34 91 330 2800.
Todos los derechos reservados