Num. de referencia
P00809
Autor
El Greco
Titulo
O cabaleiro da man no peito
Cronología
Cara 1580
Técnica
Óleo
Soporte
Lenzo
Medidas
74 cm x 58 cm
Escola
Española
Tema
Retrato. Civil
Exposto
No
Procedencia
Colección Real (colección Felipe V, Quinta del duque del Arco, El Pardo-Madrid, decimotercia pieza de verano, 1745, [¿nº 411?]; Quinta del duque del Arco, pieza duodécima, 1794, ¿nº 366?).

Retrato de personaxe descoñecido, vestido con traxe negro de colo e puños de encaixe e lucindo colgante e espada, detalle que salienta a súa condición de cabaleiro. Unha das obras mestras do Renacemento español e unha das máis divulgadas da produción de El Greco.

Pintada nos primeiros anos do artista en Toledo, O cabaleiro da man no peito distínguese pola expresividade da mirada que o personaxe mantén fixa no espectador e o naturalismo no xesto da man.

Existen moi diversas interpretacións entorno á identidade do personaxe e ao significado do xesto, afirmando algúns que simboliza diferentes estados, como arrepentimento ou un xuramento. Aínda que existan dúbidas razoables, chegouse a identificar ao cabaleiro con Juan de Silva y Ribera, III marqués de Montemayor, alcalde do Alcázar de Toledo.

Esta obra procede da Quinta del duque del Arco no Pardo (Madrid).

Ministerio de Cultura. Goberno de España; abre en ventana nueva
España es cultura; abre en ventana nueva
Copyright © 2014 Museo Nacional del Prado.
Calle Ruiz de Alarcón 23
Madrid 28014
Tel. +34 91 330 2800.
Todos los derechos reservados