Num. de referencia
P00410
Autor
Tiziano, Vecellio di Gregorio
Titulo
Carlos V na Batalla de Mühlberg
Cronología
1548
Técnica
Óleo
Soporte
Lenzo
Medidas
335 cm x 283 cm
Escola
Italiana
Tema
Retrato
Exposto
Si
Procedencia
Colección Real (Real Alcázar, Madrid, “salón de los espejos-cuartos principales”, 1700, nº 1; Palacio Real Novo, Madrid, “antesala de la Furriera”, 1747, nº 1; Palacio Real Novo, Madrid, “paso de tribuna y trascuartos”, 1772, nº 1; Palacio Real Novo, Madrid, “pieza de comer”, 1794, nº 1; Palacio Real, Madrid, “pieza de comer”, 1814-1818, nº 1).

Retrato ecuestre do emperador Carlos V (1500-1558) conmemorativo da vitoria en Mühlberg das tropas imperiais sobre as protestantes. A aparente sinxeleza da composición agocha unha complexa simboloxía que amosa a Carlos na súa dobre condición de cabaleiro cristiá e herdeiro da tradición imperial romana. Exemplo disto é a lanza que sostén o Emperador coa súa man dereita e que sendo o símbolo do poder dos césares, tamén fai referencia á arma de San Xurxo e á lanza que portaba Longinos durante a Paixón de Cristo (soldado romano que cravou a súa lanza no costado de Cristo e que a continuación se converteu ao cristianismo).

Os antecedentes formais da composición citáronse na estatua ecuestre romana do emperador Marco Aurelio (121-180), en diversos modelos dos gravados de Alberto Durero, como O cabaleiro e a morte, e de Hans Burgkmair.

A armadura do Emperador consérvase na Armería Real do Palacio Real de Madrid.

A obra foi realizada para María de Hungría e converteuse na imaxe dinástica por excelencia da Casa de Austria. Ingresou nas coleccións do Museo del Prado en 1827.

Ministerio de Cultura. Gobierno de España; abre en ventana nueva
España es cultura Spain is culture
Portal de la transparencia. Gobierno de España
Copyright © 2015 Museo Nacional del Prado.
Calle Ruiz de Alarcón 23
Madrid 28014
Tel. +34 91 330 2800.
Todos los derechos reservados