O xardín das Delicias, ou A pintura do albedro
Anterior
Imagen 1 de 2
Siguiente
Num. de referencia
P02823
Autor
El Bosco
Titulo
O xardín das Delicias, ou A pintura do albedro
Cronología
1500 - 1505
Técnica
Óleo
Soporte
Táboa
Escola
Flamenga
Tema
Alegoría. Moral
Exposto
Si
Procedencia
Monasterio de El Escorial; depositada en el Museo del Prado por la Junta Delegada de Incautación, Protección y Conservación del Tesoro Artístico Nacional, 1936; por Decreto de 02-03-1943 quedó establecido el depósito temporal, renovado en 1998 mediante Acta de regularización de Depósitos con Patrimonio Nacional.

No tríptico aberto inclúense tres escenas. A táboa esquerda está dedicada ao Paraíso, coa creación de Eva e a Fonte da Vida, mentres a dereita amosa o Inferno. A táboa central dá nome ao conxunto, ao representarse nun xardín as delicias ou praceres da vida. Entre Paraíso e Inferno, estas delicias non son senón alusións ao Pecado, que amosan á humanidade entregada aos diversos praceres mundanos. Son evidentes as representacións da Luxuria, de forte carga erótica, xunto a outras de significado máis enigmático. A través da fugaz beleza das flores ou da dozura das froitas, transmítese unha mensaxe de fraxilidade, do carácter efémero da felicidade e do goce do pracer. Así parecen corroboralo certos grupos, como a parella encerrada nun globo de cristal no lado esquerdo, en probable alusión ao refrán flamengo: “A felicidade é como o vidro, rómpese cedo”.

O tríptico pechado representa en grisalla o terceiro día da creación do Mundo, con Deus Padre como Creador, segundo sendas inscricións en cada táboa: “El mesmo díxoo e todo foi feito” e “El mesmo ordenouno e todo foi creado” Xénese (1:9-13).

Obra de carácter moralizante, é unha das creacións máis enigmáticas, complexas e fermosas de El Bosco, realizada na última etapa da súa vida. Adquirida na almoeda do prior don Fernando, fillo natural do gran duque de Alba, Filipe II levouna a El Escorial en 1593.

É depósito de Patrimonio Nacional no Museo del Prado desde 1939.

Ministerio de Cultura. Goberno de España; abre en ventana nueva
España es cultura; abre en ventana nueva
Copyright © 2014 Museo Nacional del Prado.
Calle Ruiz de Alarcón 23
Madrid 28014
Tel. +34 91 330 2800.
Todos los derechos reservados