Grupos

  • Reserva previa e obrigatoria cun mínimo de 24 horas de antelación, a través do Centro de Atención ao Visitante e no teléfono: 34 902 10 70 77.
  • A clasificación de visita en grupo establécese a aquelas visitas que están integradas por 8 ou máis persoas, ata un límite máximo de 30 compoñentes por grupo.
  • Para aqueles grupos que o Museo estableza a obrigatoriedade no uso do guiado de grupos deberase abonar, xunto ó prezo de entrada establecido, o prezo de 1 euro por persoa polo aluguer deste servizo, naqueles casos nos que non se dispoña deste equipamento.
  • O tempo máximo de estancia no interior do Museo é dunha hora e media, unha vez concluído este tempo o grupo deberá disolverse e poderase continuar a visita de forma individual.
  • Con carácter excepcional poderase permitir o acceso de grupos ás exposicións temporais. Pero neste caso estableceranse novas condicións de visita en canto a horarios de acceso, duración do percorrido e máximos de integrantes por grupo etc., de acordo ós criterios establecidos polo Museo para conseguir unha visita de calidade. Manteranse as condicións e prezos para cada tipo de grupo.
  • A cota e a distribución horaria xeneral que regulan as visitas en grupo poderán estar suxeitos a variacións puntuais en momentos específicos de máxima afluencia de visitantes ó Museo.

Grupo educativo

  • Os grupos educativos, integrados por estudantes escolares (Primaria, Secundaria, Bacharelato, FP) ou universitarios, accederán ao Museo de forma gratuíta.
  • Para facer efectiva a visita na categoría de grupo educativo, será imprescindible a presentación nos despachos de billetes do Museo dunha carta de presentación do centro educativo onde figuren os datos do centro, os datos académicos dos alumnos, o número de visitantes e a data.
  • Os visitantes menores de 14 anos non poderán realizar a visita ó Museo de forma individual, deberán ir sempre acompañados dun adulto.

Horario

De luns a sábados de 10.00 a 16.30h

Domingo e festivos de 10.00 a 15.30h

Acceso

Educativo libre acceso por Puerta de los Jerónimos (previo paso por taquillas 1 y 2 de la Plaza de Goya).

Educativo. Puerta de Murillo (fronte ao Xardín Botánico) de luns a venres de 10.00 a 14h

Galería Jónica Sur: acceso de grupos de visitas comentadas y dinamizadas do programa educativo El arte de educar. Puerta de Murillo: acceso de grupos do programa visita-taller educativo El arte de educar.

Moi importante: as visitas de grupo non son guiadas e pregámoslle que os alumnos non traian mochilas o día da súa visita ao Museo.

Grupo cultural

  • Terán dereito a este desconto do 50 % sobre o prezo da entrada as persoas que formen parte de colectivos de carácter cultural como asociacións, institucións, fundacións e escolas de posgrao vinculadas ás Belas Artes.
  • Será obrigatoria a reserva e venda anticipada deste tipo de entradas, a través dos sistemas telemáticos postos a disposición do visitante.

Horario

De luns a sábados de 10.00 a 16.30h

Domingos e festivos de 10.00 a 15.30h

Acceso

Puerta de los Jerónimos

Moi importante: As visitas de grupo non son guiadas. Imprescindible a utilización do Sistema de Guiado de Grupos (transmisor radio-guía).

Grupo turístico

  • O prezo da entrada para cada unha das persoas que integran o grupo turístico é de 14 € a visita, válida para todo o día.
  • Será obrigatoria a reserva e venda anticipada deste tipo de entradas, a través dos sistemas telemáticos postos a disposición do visitante.
  • As persoas que integran esta categoría de grupo non poderán beneficiarse, con carácter individual, do réxime de gratuidade, nin de redución.

Horario

De luns a sábados de 10.00 a 16.30h

Domingos e festivos de 10.00 a 15.30h

Acceso

Puerta de Jerónimos.

Moi importante: As visitas de grupo non son guiadas. Imprescindible a utilización do Sistema de Guiado de Grupos (transmisor radio-guía).

Sistema de Guiado de Grupos

1 € por persoa

Sistema de guiado de grupos

Imprescindible a utilización durante a visita en grupo dun Sistema de Guiado de Grupos sen fíos composto por un micrófono para o guía e auriculares para cada integrante cos que poderán seguir as explicacións

A súa adquisición pódese facer na páxina web ao mesmo tempo que se realiza a reserva da visita ou nos mostradores de audio-guías existentes no Museo (Sala das Musas).

Tarifa Sistema de Guiado de Grupos

1 € por persoa

Por necesidades do servizo os accesos para grupos poden verse modificados.

Infografía animada con información sobre el acceso al Museo y la ubicación de sus colecciones

* Para visualizar correctamente la infografía necesita tener instalada la última versión de Flash Player

 
Ministerio de Cultura. Goberno de España; abre en ventana nueva
España es cultura; abre en ventana nueva
Copyright © 2014 Museo Nacional del Prado.
Calle Ruiz de Alarcón 23
Madrid 28014
Tel. +34 91 330 2800.
Todos los derechos reservados