Servizos e recomendacións

Servizos

Puntos de información

O Museo dispón de puntos de información para os visitantes en todos os seus accesos:

  • Vestíbulo de Jerónimos
  • Sala das Musas
  • Rotonda de Goya

Neles distribúense gratuitamente:

  • Plano do Museo dispoñible en inglés, francés, italiano, xaponés, portugués, alemán, ruso, chinés, coreano, catalán, vasco, galego e valenciano
  • Folleto das exposicións temporais en español e inglés
  • Folleto de actividades mensual e trimestral en español
  • Xogo de pistas, material didáctico en español e inglés para a visita en familia con nenos de 8 a 12 anos

Servizo de información telefónica, a través do Centro de Atención ao Visitante: 902107077

Audioguías

O Museo dispón de mostradores de audioguías nos accesos:

  • Vestíbulo de Jerónimos
  • Sala das Musas
  • Rotonda de Goya

Audioguía

  • A versión completa (250 obras): castelán, inglés, francés, alemán e italiano
  • Versión Obras mestras (50 obras): galego, catalán, éuscaro, ruso, portugués, xaponés, coreano e chinés
  • As exposicións temporais son só en castelán e inglés

Prezo da audioguía:

  • Colección Permanente: 3.50 €
  • Exposicións temporais: 3.50 €
  • Combinada (colección permanente + exposicións temporais): 5 €
  • Combinada especial: (Colección Permanente + dúas exposicións temporais): 6 €

Se o desexa, pode reservar a súa audioguía directamente na paxina web.

Audioguías infantís

  • Recomendada para nenos de entre 5 e 12 anos
  • Dispoñible en español e inglés, inclúe unha introducción e a explicación de 21 obras mestras da Colección
  • Préstamo gratuíto ao alguar outra de adulto acompañante

Sistema de guiado do grupo (micrófono e auriculares)

  • Uso obrigatorio para as visitas en grupo, excepto grupos escolares

Prezo: 1 € / persoa

Signoguías en LSE

  • Para visitantes xordos
  • Inclúe a explicación de 50 obras mestras da Colección
  • Préstamo gratuíto. Dispoñibilidade limitada. Reservas no Centro de Atención ao Visitante 902107077 ou no correo electrónico cavmuseodelprado@pyrenalia.es

Audioguías adaptadas con bucle magnético

  • Para visitantes con audífono ou implante coclear
  • Prezos: ver audioguías

Consigna e Gardarroupa

  • O Museo dispón de servizo gratuíto de gardarroupa e consigna en todos os seus accesos a fin de que os visitantes depositen pezas de abrigo, bolsos, paraugas e obxectos que por comodidade ou que polo seu tamaño ou por motivos de seguridade non poden introducirse nas salas
  • Non se poden depositar en consigna:
    • Mochilas, maletas nin bolsas que polo seu tamaño non podan pasar o control do escáner de seguridade
    • Alimentos nin bebidas
    • Obxectos artísticos (cadros, esculturas, etc.)
    • Armas de fogo uo materiais perigosos.
  • O Museo non se fai responsable do deterioro ou desperfectos que poidan sufrir obxectos fráxiles contidos en bolsas e equipaxes custodiadas
  • O Museo ten a disposición dos visitantes que o soliciten cadeiras de bebé, cadeiras de rodas e bastóns gratuítos para facilitar o percorrido

Accesibilidade

  • O percorrido polo Museo está adaptado para as persoas con discapacidade física, coa excepción dalgúns núcleos de conexión do edificio Villanueva cuxas características constructivas dificultan a súa adaptación e para a que se están analizando solucións
  • O Museo dispón de aseos adaptados
  • Servizo de préstamo gratuíto de cadeiras de rodas e bastóns, dispoñible en Consigna
  • Servizo de signoguías e audioguías con bucle magnético para persnas con discapacidade auditiva
  • Atención persoalizada en lingua de signos española en despachos y puntos de información
  • Bucle magnético no Auditorio
  • Desenvolvemento do programa educativo El Prado para todos con actividades específicas, didácticas e de creación artística, para públicos con discapacidade física, sensorial ou intelectual
  • Intérprete de lingua de signos española en determinadas actividades da área de educación (conferencias, claves, itinerarios didácticos, visitas-obradoiro para familias, El Prado joven, etc.)
  • Amplificadores de son para persoas hipoacúsicas nas actividades programadas nas salas expositivas

Bebés

  • Cadeiras para bebés gratuítas en todas as súas consignas
  • Cambiadores de bebés en aseos femininos e masculinos
  • Sala de lactación

Asistencia sanitaria

O Museo dispón dun Gabinete Médico.

Café Prado

Servizo de cafetería e restaurante.

Horario: 10.00 - 19.30h

24 de decembro, 31 de decembro e 6 de xaneiro: 10.00 - 13.30h

Tenda e Libraría Prado

Horario: 10.00 - 20.00h

24 de decembro, 31 de decembro e 6 de xaneiro: 10.00 - 14:00h

Auditorio e Sala de Conferencias

Capacidade: 414 persoas (Auditorio) e 48 persoas (Sala de conferencias)

Biblioteca

Centro de Estudios Casón del Buen Retiro (C/ Alfonso XII 28)

Horario: 9:00 a 17:00 h (de lunes a xoves). Venres de 9:00 a 14.30h. Horas do verán (16 xuño - 15 setembro), de 9:00 a 14.30h.

Recomendacións para a visita

  • Conserve a súa entrada por se se lle solicita nalgún momento durante a súa visita
  • Polo seu propio beneficio e o do resto de visitantes procure non empregar o teléfono móbil e utilizar un ton de voz baixo para contribuír ao clima de tranquilidade e reflexión que require o goce das obras de arte
  • Horario de máxima afluencia de público entre 11.00 e 13.30h

Normas durante a visita

O Museo Nacional del Prado non permite:

  • A realización de fotografías nin filmacións de vídeo nas salas do Museo.
  • A introdución no Museo de bolsos, mochilas ou vultos que superen a seguinte medida 40x40 cms. Para isto poden empregar o servizo de Consignas ou Gardarroupa.
  • A introdución de paraugas ou obxectos punzantes e cortantes. Deben depositalos no servizo de Consignas.
  • Comer nin beber no interior do Museo agás no Café Prado e os produtos servidos por este.
  • Levar mochilas porta bebés. Deberá cambiar estas por cadeiras ou carriños porta bebés que lles facilitarán en calquera das entradas do Museo. Estas cadeiras ou carriños non poderán levar o parasol despregado.
  • A utilización de cadeiras pregables nin bastóns tipo cadeira ou similares dentro da salas, sen autorización.

Infografía animada con información sobre o acceso ó Museo e a posición das súas coleccións

* Para visualizar correctamente a infografía necesita ter instalada a última versión de Flash Player

 
Ministerio de Cultura. Gobierno de España; abre en ventana nueva
España es cultura Spain is culture
Portal de la transparencia. Gobierno de España
Copyright © 2015 Museo Nacional del Prado.
Calle Ruiz de Alarcón 23
Madrid 28014
Tel. +34 91 330 2800.
Todos los derechos reservados