Prezos

Despachos de venda de entradas

O pagamento poderá efectuarse en efectivo ou con tarxeta de crédito.

Prezo de entrada

A entrada inclúe o acceso á Colección e ás exposicións temporais, coetáneas o día da visita

Xeral: 14 €

Xeneral + exemplar guía oficial : 23 €

Reducida: 7 €

(A acreditación deberá efectuarse no despacho de venda mediante a presentación do documento oficial correspondente, válido e actualizado, en cada caso)

  • Cidadáns maiores de 65 anos
  • Membros de familias numerosas
  • Titulares do Carné Joven
  • Luns a sábado de 18.00 a 20.00h, domingos e festivos de 17.00 a 19.00h todos os visitantes querendo exposicións temporais

Gratuíta

A entrada ao Museo será gratuíta nos seguintes casos:

(A acreditación deberá efectuarse no despacho de venda mediante a presentación do documento oficial correspondente, válido e actualizado, en cada caso.

  • Menores de 18 anos
  • Estudantes de 18-25 anos
  • Persoas con discapacidade, de acordo coa definición que realiza o artigo 1.2 da Lei 51/2003, do 2 de decembro, de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade. Tamén poderá acceder ao museo de forma gratuíta a persoa que o acompañe, sempre e cando esta sexa imprescindible para que aquel poida realizar a súa visita.
  • Cidadáns en situación legal de desemprego
  • Membros das entidades seguintes:
    • Real Patronato del Museo Nacional del Prado
    • FAMP (Fundación Amigos do Museo del Prado)
    • APME (Asociación Profesional de Museólogos de España)
    • ANABAD (Asociación Nacional de Arquiveiros, Bibliotecarios e Museólogos)
    • AEM (Asociación Española de Museólogos)
    • ICOM (Consello Internacional de Museos)
    • Real Academia da Historia
    • Real Academia de Bellas Artes de San Fernando
    • Real Academia Española
  • Persoal que presta os seus servizos nos Museos Estatais adscritos ao Ministerio de Educación, Cultura y Deporte
  • Profesores de educación relacionada directamente co contido do Museo que se atopen no exercicio das súas funcións
  • Grupos familiares integrados por polo menos un adulto e tres descendentes (ou dous, se un deles ten algunha discapacidade), incluídos no mesmo título de familia numerosa. No caso das familias numerosas, o procedemento para a adquisición de entradas gratuítas anticipadas será o seguinte. Enviar un fax ó Centro de Atención ó Visitante 902 10 70 77, coa seguinte información: fotocopia do título de familia numerosa emitido pola Comunidade Autónoma correspondente; nome e apelidos das persoas incluídas no mesmo título de familia numerosa que asistirán á visita; teléfono e correo electrónico de contacto; dirección; data e hora da súa a visita
  • Guías Oficiais de Turismo
  • Xornalistas
  • Para todos os visitantes (Colección): de luns a sábado, das 18.00 ás 20.00h e domingos e festivos das 17.00 ás 19.00h. 19 de novembro, así como a celebración do día internacional dos museos

Xeneral + exemplar guía oficial : 23 €

A Guía del Prado é unha publicación oficial do Museo del Prado, ilustrada con máis de 400 imaxes, que propón un completo e ameno percorrido pola Colección servindo como complemento imprescindible para a visita e o posterior recordo da mesma

Venta anticipada

As entradas adquiridas en despacho de billetes para visita-la Colección do Museo nunha data distinta á da súa adquisición terán as mesmas tarifas anteriormente descritas e unha validez de 3 meses a partir do día da compra. As persoas que realicen a reserva anticipada de entradas de tarifa reducida ou gratuíta deberán retira-las entradas nos despachos de billetes 1 e 2 da Puerta de Goya Baja o día da visita, presentando a correspondente acreditación en cada caso.

Abonos

Venda directa en despacho de entradas.

Tarxeta Paseo del Arte

Permite o acceso individual ao Museo Nacional del Prado, ao Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía e ao Museo Thyssen-Bornemisza.

  • Tarifa única: 25,6 €

Venda directa no despacho de venda de calquera dos tres museos. Válida para unha visita a cada museo.

Tarxeta Anual dos Museos Estatais

Permite o acceso individual á Colección do Museo Nacional del Prado e a todos os museos de titularidade estatal durante un ano.

  • Tarifa única: 36.06 €

A tarxeta anual non inclúe o acceso ás exposicións temporais.

Terminais automáticos

Entrada Xeral: 14 €

Venda de entradas para a Colección do Museo e para o día da visita. Os expendedores están situados xunto aos despachos de venda. Pagamento exclusivo con tarxeta de crédito. Para entradas reducidas, gratuítas e durante o horario de gratuidade os visitantes deberán dirixirse aos despachos de venda.

Páxina web

Venda anticipada e reserva de entradas a través do Centro de Atención ao Visitante Abre en ventana nueva

Tel.:
902 10 70 77
Fax:
902 10 70 77

Entrada Xeral

Xeral: 14 €

O billete a través de vendas anticipadas en liña e por teléfono implica unha comisión de 1 € de entrada / en gastos de xestión.

Reducida: 7 €

O billete a través de vendas anticipadas en liña e por teléfono implica unha comisión de 1 € de entrada / en gastos de xestión.

A acreditación deberá efectuarse no despacho de venda mediante a presentación do documento oficial correspondente, válido e actualizado, en cada caso). Se a acreditación non fose válida, o visitante terá que abonar a diferenza e adquirir unha entrada xeral, sen o desconto aplicado á compra na páxina web)

Gratuíta: 0 €

As entradas en réxime de gratuidade deberán ir asociadas a entradas en réxime xeral ou de redución.

(A acreditación deberá efectuarse no despacho de venda mediante a presentación do documento oficial correspondente, válido e actualizado, en cada caso). Se a acreditación non fose válida, o visitante terá adquirir unha entrada xeral, sen o desconto aplicado á compra na páxina web)

Grupos: 14 €

O billete a través de vendas anticipadas en liña e por teléfono implica unha comisión de 1 € de entrada / en gastos de xestión.

Xeneral + exemplar guía oficial : 23 €

Venta anticipada online de entradas para grupos Abre en ventana nueva

Reserva online de entradas para grupos Abre en ventana nueva

Infografía animada con información sobre el acceso al Museo y la ubicación de sus colecciones

* Para visualizar correctamente la infografía necesita tener instalada la última versión de Flash Player

 
Ministerio de Cultura. Goberno de España; abre en ventana nueva
España es cultura; abre en ventana nueva
Copyright © 2014 Museo Nacional del Prado.
Calle Ruiz de Alarcón 23
Madrid 28014
Tel. +34 91 330 2800.
Todos los derechos reservados