Prezos

Despachos de venda de entradas

Venda anticipada e para o día

O pagamento poderá efectuarse en efectivo ou con tarxeta de crédito.

Prezo de entrada

A entrada inclúe o acceso á Colección e ás exposicións temporais, coetáneas o día da visita

Xeral: 14 €

Xeral + exemplar guía oficial : 23 €

Entrada "Dúas visitas nun ano": 20€

Reducida: 7 €

  • Cidadáns maiores de 65 anos
  • Membros de familias numerosas
  • Titulares do Carné Xove
  • Luns a sábado de 18.00 a 20.00h, domingos e festivos de 17.00 a 19.00h todos os visitantes querendo acceder ás exposicións temporais

(A acreditación deberá efectuarse no despacho de venda mediante a presentación do documento oficial correspondente, válido e actualizado, en cada caso)

Gratuíta

A entrada ao Museo será gratuíta nos seguintes casos:

  • Menores de 18 anos
  • Estudantes de 18-25 anos
  • Persoas con discapacidade, de acordo coa definición que realiza o artigo 1.2 da Lei 51/2003, do 2 de decembro, de igualdade de oportunidades, non discriminación e accesibilidade universal das persoas con discapacidade. Tamén poderá acceder ao museo de forma gratuíta a persoa que o acompañe, sempre e cando esta sexa imprescindible para que aquel poida realizar a súa visita.
  • Cidadáns en situación legal de desemprego
  • Membros das seguintes entidades:
    • Real Patronato do Museo Nacional del Prado
    • FAMP (Fundación Amigos do Museo del Prado)
    • APME (Asociación Profesional de Museólogos de España)
    • ANABAD (Asociación Nacional de Arquiveiros, Bibliotecarios e Museólogos)
    • AEM (Asociación Española de Museólogos)
    • ICOM (Consello Internacional de Museos)
    • Real Academia da Historia
    • Real Academia de Bellas Artes de San Fernando
    • Real Academia Española
  • Persoal que presta os seus servizos nos Museos Estatais adscritos ao Ministerio de Educación, Cultura e Deporte
  • Profesores de educación relacionada directamente co contido do Museo que se atopen no exercicio das súas funcións
  • Grupos familiares integrados por polo menos un adulto e tres descendentes (ou dous, se un deles ten algunha discapacidade), incluídos no mesmo título de familia numerosa. No caso das familias numerosas, o procedemento para a adquisición de entradas gratuítas anticipadas será o seguinte. Enviar un fax ó Centro de Atención ó Visitante 902 10 70 77, coa seguinte información: fotocopia do título de familia numerosa emitido pola Comunidade Autónoma correspondente; nome e apelidos das persoas incluídas no mesmo título de familia numerosa que asistirán á visita; teléfono e correo electrónico de contacto; dirección; data e hora da súa visita
  • Guías Oficiais de Turismo
  • Xornalistas
  • Para todos os visitantes á Colección do Museo:
    • De luns a sábado, de 18.00 a 20.00h e domingos e festivos de 17.00 a 19.00h.
    • 19 de novembro (Aniversario do Museo del Prado) así como no 18 de maio (Día Internacional dos Museos)

(A acreditación deberá efectuarse no despacho de venda mediante a presentación do documento oficial correspondente, válido e actualizado, en cada caso)

Promoción especial: Guía + Entrada: 23€

A Guía del Prado é unha publicación oficial do Museo del Prado, ilustrada con máis de 400 imaxes, que propón un completo e ameno percorrido pola Colección servindo como complemento imprescindible para a visita e o posterior recordo da mesma

A partir de 100 entradas individuais de tarifa xeral, bonificación de 1€/entrada

Abonos

Venda directa no despacho de venda.

Tarxeta Paseo del Arte: 25,6 €

O abono Paseo da Arte permite una visita ao Museo del Prado, para disfrutar tanto da Colección como das exposicións temporais, ao Museo Thyssen Bornemisza e ao Museo Reina Sofía dentro dun periodo dun ano dende a súa emisión, cun desconto dun 20% no prezo das entradas.

Tarxeta Anual dos Museos Estatais: 36.06 €

Permite o acceso individual á Museo Nacional del Prado e a todos os museos de titularidade estatal durante un ano.

Venda exclusiva en despacho.

Terminais automáticos

Venda exclusiva de entradas individuais de tarifa xeral para o día e pago con tarxeta de crédito.

Os terminais automáticos están situados na Praza de Goya, xunto aos despachos.

Venda anticipada online e telefónica

Venda anticipada e reserva de entradas a través do Centro de Atención ao Visitante Abre en ventana nueva

A adquisición de entradas a través deste servizo deberá realizarse cun mínimo de 24 horas de antelación.

Tel.:
902 10 70 77
Fax:
902 10 70 77
  • Venda anticipada de entradas ata 24 horas antes do día da visita
  • Nas operacións de compra de paquetes de máis de 100 entradas individuais de tarifa xeral, os gastos de xestión están incluídos no prezo total
  • A acreditación da condición de membro dalgún dos colectivos beneficiarios de redución ou gratuidade deberá efectuarse en despacho o día da visita, mediante a presentación do documento oficial correspondente, válido e actualizado, en cada caso. Se a acreditación non fose válida, o visitante terá que abonar a diferenza e adquirir unha entrada xeral
  • Tarifa grupos: 14 € / persoa

Venda anticipada online de entradas para grupos Abre en ventana nueva

Reserva online de entradas para grupos Abre en ventana nueva

Infografía animada con información sobre o acceso ó Museo e a posición das súas coleccións

* Para visualizar correctamente a infografía necesita ter instalada a última versión de Flash Player

 
Ministerio de Cultura. Gobierno de España; abre en ventana nueva
España es cultura Spain is culture
Portal de la transparencia. Gobierno de España
Copyright © 2015 Museo Nacional del Prado.
Calle Ruiz de Alarcón 23
Madrid 28014
Tel. +34 91 330 2800.
Todos los derechos reservados