A Anunciación
A Anunciación
Lupa
Zoom
Autor
Angelico, Fra
Titulo
A Anunciación
Cronología
Cara 1426
Técnica
Témpera
Soporte
Tabla
Medidas
194 cm x 194 cm
Escola
Italiana
Tema
Religión
Exposto
Si
Procedencia
Colección Real

Retablo pintado para o convento de Santo Domingo en Fiesole, preto de Florencia. A táboa central amosa baixo o pórtico a Anunciación do Arcanxo Gabriel a María e, á súa esquerda, a expulsión de Adán e Eva do Paraíso. A condenación e salvación do home. No banco ou predela nárranse escenas da vida da Virxe: Nacemento de María e os Desposorios con San Xosé, Visitación de María á súa prima Santa Isabel, Nacemento do Neno Xesús, a Presentación do Neno no Templo e a Dormición da Virxe con Cristo recollendo a súa alma.

Fra Angelico, tamén coñecido como Beato Angelico, dedicou a súa obra exclusivamente aos temas relixiosos pois entendía a arte como un aspecto da devoción relixiosa. Particularmente minucioso nos detalles e calidades dos obxectos, natureza e personaxes representados, Fra Angelico une no seu estilo a tradición tardogótica italiana coa nova linguaxe renacentista. Exemplo disto é a profundidade espacial da arquitectura que, aínda que segue as recomendacións de Brunelleschi de centrarse nun escenario cadrado e sen adornos, denota algúns fallos propios dunha obra temperá na produción do artista.

Localización no Plano

Sala 56b

Localización no Plano

Ministerio de Cultura. Goberno de España; abre en ventana nueva
España es cultura; abre en ventana nueva
Copyright © 2012 Museo Nacional del Prado.
Calle Ruiz de Alarcón 23
Madrid 28014
Tel. +34 91 330 2800.
Todos los derechos reservados