Autorretrato
Autorretrato
Lupa
Zoom
Autor
Durero, Alberto
Titulo
Autorretrato
Cronología
1498
Técnica
Óleo
Soporte
Tabla
Medidas
52 cm x 41 cm
Escola
Alemana
Tema
Paisaje
Exposto
Si
Procedencia
Colección Real (Palacio Real Nuevo, Madrid, paso de tribuna y trascuartos, 1772, nº 382).

De medio corpo, lixeiramente escorzado, Durero pintouse a si mesmo xunto a unha ventá aberta a un fondo de paisaxe montañosa. Viste de xibón branco con gornicións negras e camisa con puntilla dourada, pelo longo, gorra de listas brancas e negras con borla, capa parda e guantes grises de pelica. A elección dunhas roupas elegantes e aristocráticas e a mirada severa dirixida ao espectador, con altiva serenidade, indican a vontade do pintor de facer ostentación da súa situación social.

Salienta a riqueza de detalles, a minuciosidade do tratamento das calidades e o brillante colorido, de entoación dourada, todo isto apoiado nun debuxo de impecable precisión

A satisfacción da súa propia capacidade artística compróbase na inscrición da soleira da ventá, escrita en alemán: “1498, pinteino segundo a miña figura. Tiña eu vinteseis anos Albrecht Dürer”.

Adquirido para Felipe IV na almoeda de Carlos I de Inglaterra.

Localización no Plano

Sala 55b

Localización no Plano

Ministerio de Cultura. Goberno de España; abre en ventana nueva
España es cultura; abre en ventana nueva
Copyright © 2012 Museo Nacional del Prado.
Calle Ruiz de Alarcón 23
Madrid 28014
Tel. +34 91 330 2800.
Todos los derechos reservados