O Descendemento
O Descendemento
Lupa
Zoom
Autor
Weyden, Roger van der
Titulo
O Descendemento
Cronología
Cara 1435
Técnica
Óleo
Soporte
Tabla
Medidas
220 cm x 262 cm
Escola
Flamenca
Tema
Religión
Exposto
Si
Procedencia
Patrimonio Nacional

O gran mestre de Tournai centra a composición na Compassio Mariae, a paixón que experimenta a Virxe ante o sufrimento e a morte do seu Fillo. Para traducila en imaxes, o pintor escolle o momento en que Xosé de Arimatea, Nicodemo e un axudante sosteñen no ar o corpo de Xesús, e María cae desmaiada no solo sostida por San Xoán e unha das santas mulleres.

A riqueza dos seus materiais -o azul do manto de María é un dos lapislázulis máis puros empregados na pintura flamenca da época- e as súas grandes dimensións, coas figuras case a escala natural, evidencian xa o excepcional da obra. O espazo pouco profundo, de madeira dourada, en que Weyden representa ás súas figuras e as tracerías pintadas dos extremos superiores -imitando tamén a madeira dourada-, ao igual que o remate rectangular do centro, fainas semellar esculturas policromadas. Ademais, o engano óptico refórzase aínda máis polo forte sentido plástico que Weyden imprime ás súas figuras, seguindo o exemplo do seu mestre Robert Campin, como fai en todas as súas obras temperás.

Weyden manexa con mestría as figuras representadas nun espazo limitado ao fondo e nos extremos, onde os movementos opostos e complementarios de San Xoán e Magdalena pechan a composición. No interior dese espazo sobresae o xogo de diagonais paralelas que deseñan os corpos de Cristo e de María, pondo de manifesto a súa dobre paixón. Impresionan os xestos, a contención con que se expresan os sentimentos e o xogo de curvas e contra curvas que une os personaxes.

É encargada pola Confraría dos Ballesteros de Lovaina hoxe en Bélxica para a súa capela na Igrexa da Nosa Señora de Extramuros. Nas esquinas inferiores están representadas pequenas béstas. Adquirida por María de Hungría no século XVI, pasa despois a mans do seu sobriño Filipe II. Este colócaa na capela do Palacio de El Pardo ata a súa entrega a El Escorial en 1574. Desde ese ano estivo alí ata 1939 na que se trae ao Museo Nacional del Prado, enviándose como contrapartida a copia de Michel Coxie.

Localización no Plano

Sala 58

Localización no Plano

Ministerio de Cultura. Goberno de España; abre en ventana nueva
España es cultura; abre en ventana nueva
Copyright © 2012 Museo Nacional del Prado.
Calle Ruiz de Alarcón 23
Madrid 28014
Tel. +34 91 330 2800.
Todos los derechos reservados