O soño de Jacob
O soño de Jacob
Lupa
Zoom
Autor
Ribera, José de
Titulo
O soño de Jacob
Cronología
1639
Técnica
Óleo
Soporte
Lienzo
Medidas
179 cm x 233 cm
Escola
Española
Tema
Religión
Exposto
Si
Procedencia
Colección Real (colección Jerónimo de la Torre, Madrid, 1658; col. Francisca de la Torre, Madrid, 1694; vendido en Madrid, 1718; col. Isabel Farnesio, Palacio de La Granja de San Ildefonso, Segovia, 1746, nº 1039; La Granja, pieza décima grande, 1766, nº 1039; Palacio de Aranjuez, Madrid, pieza en que el Rey duerme la siesta, 1794, nº 1039).

O cadro narra o soño misterioso do patriarca Jacob, segundo relata o Xénese, quen aparece durmido, recostado sobre o brazo esquerdo. Detrás del atópase unha árbore e ao outro lado a escala de luz pola que soben e baixan os anxos.

O asunto amosa a capacidade técnica de Ribera para construír un discurso metafórico. A través da representación dun pastor tendido a descansar no campo describe un dos episodios bíblicos máis coñecidos. A visión en primeiro plano do personaxe solidamente construído e os trazos realistas da escena serven para facer verídico o soño milagroso, que se describe nun feixe de luz baixo un ceo azul e gris.

Ribera dá aquí unha das súas numerosas probas do seu delicado sentido da cor e a súa exquisita capacidade para a composición, ao contrapor en diagonal os volumes do primeiro plano.

Probablemente se trate dun dos cadros que se citan en 1658 no inventario de don Jerónimo de la Torre, permanecendo en poder da súa familia ata 1718. En 1746 reapareceu entre as pinturas da raíña Isabel Farnesio con atribución a Murillo.

Localización no Plano

Sala 9

Localización no Plano

Ministerio de Cultura. Goberno de España; abre en ventana nueva
España es cultura; abre en ventana nueva
Copyright © 2012 Museo Nacional del Prado.
Calle Ruiz de Alarcón 23
Madrid 28014
Tel. +34 91 330 2800.
Todos los derechos reservados